Valor C

O valor C é a cantidade en picogramos de ADN contido nun núcleo haploide (por exemplo o dun gameto) ou a metade da cantidade no núcleo dunha célula somática diploide dun organismo eucariota. Nalgúns casos (especialmente en organismos diploides), os termos valor C e tamaño do xenoma úsanse indistintamente; porén, en poliploides o valor C pode representar dous ou máis xenomas contidos nun mesmo núcleo. Greilhuber et al.[1] suxeriron nova terminoloxía adicional e abreviaturas asociadas para aclarar este asunto, pero estas adicións algo complexas aínda non están sendo usadas por outros autores.

  1. Greilhuber J, Doležel J, Lysák M, Bennett MD (2005). "The origin, evolution and proposed stabilization of the terms 'genome size' and 'C-value' to describe nuclear DNA contents". Annals of Botany 95 (1): 255–60. PMC 4246724. PMID 15596473. doi:10.1093/aob/mci019. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Tubidy